18.2.11

UNA DERROTA QUE SABE A VICTORIA.

No apartado feminino tampouco atopamos boas noticias. As rapazas do Voleyourense caeron derrotadas na súa visita á cancha do AD Curtidora por 3 sets a 1 (28-30/25-23/25-23/25-15/).
As galegas comezaron moi metidas no partido, levando a cabo unha das súas mellores actuacións da tempada no aspecto defensivo. Unha e outra vez conseguían recuperar o balón e transformalo en punto. Foi esta aplicación en segunda liña, a que despois dun set moi axustado decantou a balanza do lado das ourensás. O bo traballo desempeñado no primeiro parcial mantívose no segundo, no que a contenda estivo igualada ata final de set. Un par de boas accións das asturianas fixeron que o set se lles escapase das mans ao final. Pero este resultado non amedrentou ás de Alberto Gómez, que entraron moi enchufadas no terceiro xogo. Ata que nas últimas xogadas do set, unhas controvertidas decisións arbitrais (o colexiado sacou tres tarxetas) nun momento clave, sacou por completo as xogadoras do Voleyourense do partido. Malia as dificultades do encontro o equipo ourensán soubo manter o tipo en todo momento desempeñando un excelente papel ata o final, o que lles permite mirar xa cara o próximo reto con optimismo.
O sábado enfrontaranse no Paco Paz ao colista da competición, o CV Ibio, ás 16.30 horas.

BOLETÍN Nº 46 16 DE FEBREIRO DE 2011
Departamento de prensa da Federación Galega de Voleibol.

No hay comentarios: