24.2.11

PERMANENCIA CONSEGUIDA

Máis opcións ten o equipo feminino do Voleyourense, que se mantén na quinta
posición da Primeira Nacional, despois de vencer o CV Ibio 3 a 1. As ourensás
foron superiores nun partido que non tivo máis historia que a da ledicia local
por acumular no casilleiro dous puntos de grande importancia nunha liga moi
igualada. As de Ourense, que xogaban sen a súa central Rebeca Hernández,
comezaron moi metidas no partido e acadaron o primeiro set 25 a 20. A pesar de ostentar a última praza da táboa, o CV Ibio, mostrou a súa faceta máis
competitiva no Paco Paz, complicando a vitoria ás de Gómez Alejandre, ao levar a segunda manga 21 a 25, aproveitando un momento de relaxación das locais.
Pero deseguida apelaron á coraxe as galegas para entrar coma un ciclón no terceiro set e obtelo sen problemas 25 a 12, preparando o camiño á vitoria. Unha vitoria que se faría efectiva no cuarto xogo no que as galegas foron moi superiores a pesar de que as súas rivais lograsen maquillar o resultado cara o final do set, resolto no 25 a 19. Este domingo as ourensás visitan ao líder, o CD Norvoley.
O partido, disputado no Polideportivo CP
Malacoria comezará ás 11.00 horas.

PRENSA FGVB.

No hay comentarios: