9.7.09

O FINAL NOVENAS

A selección de Ourense finalizou a sua paarticipación nos VIII Xogos do Eixo Atlantico no 9º posto tras impoñerse hoxe pola maña a selección de Pontevedra por 2 sets a 0. As rapazas estiveron moi acertadas no saque o cal lle impediu o equipo rival realizar o seu xogo.

Aproveitar dende aqui para felicitar a selección de Lugo que acadou o pase a final tras impoñerse o equipo de Famalçao nun trepidante encontro que rematou 2-1 a favor das lucenses. Maña o rival de Lugo sera Matoshiños, agardamos que Lugo alcanza a victoria e ali estaremos para apoialas.

8.7.09

MAL DÍA



Na xornada de hoxe a selección de Ourense non acadadou un bo resultado, xa que foi derrotada polos equipos lusos de Gaia e Guimaraes por 2-0.

O equipo non atopou a maneira de facer fronte os bos saques dos equipos rivais, que mostraron unha clara superioridade sobre as xogadoras de Ourense.

Pese a todo maña xogamos polo posto 9º fronte o equipo de Pontevedra isto será as 10da maña.

7.7.09

UN DE DOUS



Na xornada de hoxe a selección de Ourense acadou a sua primeira victoria, o encontro que nos enfrontaba a Santiago finalizou coa victoria das ourensas por 2-0.
Xa na tarde o equipo de Portugal (V. FAMALIÇAO)gañou o encontro por 2-0. A pesares disto as rapazas sacaron o mellor de si, gardando o tipo ata a recta final do primeiro set.

Maña as 10:00 mediremos as forzas con Gaia e xa na tarde as 16:00 contra Guimaraes.

6.7.09

NON PUDO SER..............



O encontro de esta maña ante o equipo de Viana do Castelo rematou cun resultado negativo para as rapazas de Ourense que perderon por 2-0, o encontro foi moi igualado pero as rectas finais dos sets caeron do lado luso, o equipo ourensá saltou a cancha moi nervoso e con pouca confianza nas suas posibilidades.

Maña doble ración, as 11:00 mediremos as forzas contra Santiago e as 17:00 o noso rival será V. FAMALIÇAO.

5.7.09

COMEZAN OS XOGOS



Despois dun bo madrugón, a expedición ourensá chegou a cidade da Coruña. Hoxe foi un día máis que axetreado para as rapazas que agora reposan, xa que maña comezá a competición, o noso rival é Vila do Conde o encontro disputarase maña as 10 no pavillón da Sagrada Familia.

Agardamos que as rapazas acaden a victoria no seu primeiro encontro.