3.2.11

BUENAS SENSACIONES

Precisamente os ourensáns de Auria Vella Voleyourense estiveron a piques de
acabar coa mala racha que os persegue esta tempada, na súa viaxe a León. No
pavillón do Aule, viviuse un encontro igualadísimo que non só mantivo a emoción ata o quinto set se non que conservou a ilusión da vitoria ata o último momento do partido, chegando a resolverse o tie-break no 18
a 16 para o Aule.

Tampouco obtiveron un mellor resultado as rapazas do Voleyourense, que se
desprazaron co equipo masculino a terras leonesas para enfrontarse tamén ao Aule. As castelás impuxéronse 3 a 1 ás galegas, nun partido marcado tamén pola equidade entre ambos os dous conxuntos.
O sábado, as de Gómez Alejandre enfrontaranse a outro dos seus rivais
directos, o AD Os Campos que permanece na quinta posición empatado a puntos coas galegas.
O encontro terá lugar ás 16.30 horas no Paco Paz.

PRENSA FGVB.

No hay comentarios: