Voleyourense.es revalidou o título de campión da Copa Deputación de Ourense
ao proclamarse vencedor da Fase Final Senior Feminina celebrada o pasado sábado no
Pavillón Municipal de Amoeiro.
O Club Voleibol Ourense copou a final cos seus dous equipos femininos loitando polo
Trofeo desta edición. Non houbo sorpresas, e o Voleyourense.es, venceu en tres sets ao filial
o CV Ourense B, un equipo formado esencialmente por xogadoras novas da canteira (25-8/25-17/25-16).
O bronce foi para o Dompa Gestión A, que superou na final de consolación ao Carmelitas, tamén en tres sets (22-25/16-25/16-25). Continúa a Copa Deputación No resto de categorías a Copa Deputación
prosegue o seu curso. Neste torneo participan corenta e dous equipos en total de todas as
categorías dende benxamíns ata senior que seguirán competindo ata finais deste mes de
maio.
O vindeiro 12 de maio será o “día grande” da competición, xa que se dedicará toda a xornada
ao voleibol no Paco Paz, coas finais Senior Cadete Feminina e Infantil Feminina, e o día 26 pecharase a Copa
Deputación de Ourense 2012 coas finais das categorías Benxamín, Alevín e Infantil Masculina no Barco de Valdeorras.
Este torneo e en especial as diferentes finais, concíbense como a gran festa do voleibol ourensán, na que conviven xogadores e xogadoras de todas as idades unidos pola paixón que esperta este deporte na zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario