26.10.09

Dous anos despois...

Tras case dous anos, o equipo senior masculino acada una nova victoria na liga.
O partido foi desputadísimo, tanto que salvo o cuarto set que acabou 25-20 para o conxunto local, todos se gañaron pola mínima. Tras ir perdendo dous sets a cero, logramos unha remontada épica, merecida e claramente reconfortante gracias ó esforzo de todos e cada un dos compoñentes do equipo, sabendo estar cada un seu sitio e facer cada un o seu traballo.
Estamos na senda adecuada rapaces, temos que seguir loitando en cada adestramento para que a partires de agora, o partido desta fin de semana pasada, sexa o que peor xoguemos.
Xa sabemos que somos capaces de facelo, agota temos que saber si somos capaces de repetilo... A pola seguinte.

Por outra banda, o equipo feminino segue a se pasear pola 2ª división, engadindo un novo partido o casilleiro das victorias, sumando xa así a terceira consecutiva a sen ter cedido ningún set. Noraboa rapazas.

O resto de resultados pódense ver na entrada anterior, noraboa a todos os que gañaron, e os que non o fixeron, a polo seguinte partido.

2 comentarios:

pelaxe(colloada 5) dijo...

Vamos gente! Ya vimos que dan resultado los entrenamientos de Celso si todos nos esforzamos. Tenemos que dar todo por el todo cada día, para no venirnos abajo en los partidos. Enhorabuena a todos!

Joaquín dijo...

Enhorabuena por la victoria, seguro que este año os va mucho mejor, suerte y a por todas!