7.10.09

CURSO DE ARBITROS

Reunión Arbitral, Curso de Reciclaxe:

O próximo Domingo día 11 de Outubro a partir das 18:00 h no salón de actos da Delegación Ourensana de Voleibol (Rúa Noriega Varela, 12 - 32004 - Ourense) terá lugar a reunión arbitral de comezo de tempada 2009-10.
Asistirá o presidente da Asociación de Árbitros de Voleibol de Galicia D. Justo Olea Comesaña que se encargará de explicar os cambios nas regras de xogo así coma o sistema de funcionamento da nova Asociación e responderá tódas aquelas cuestións que lle sexan plantexadas.


Curso de árbitros e anotadores:

Ese mesmo día, Domingo 11 de Outubro realizarase, tamén no salón de actos da Delegación, o curso de árbitros Territorial A e B, así coma o curso de Anotador.

Os horarios son os seguintes:

Curso de Árbitros: 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00
Curso de Anotadores: 16:00 a 18:00.

Os interesados deberán anotarse antes do xoves 8 de Outubro enviando un correo electrónico indicando: Nome e apelidos, DNI e Tfono a ourense@fgvb.es

No hay comentarios: