22.4.09

XORNADA DE COPAS.......

Este sábado temos no "Paco Paz" o longo de toda a maña A Copa Deputación coas categorias alevin, cadete e senior tanto masculino como feminino, agardamos vermos a todos alí e que sexa unha maña na que todo o mundo se atope a gusto.

Xa o domingo temos dous encontros moi importantes, xa que o Equipo senior desplazase a San Sadurniño para desputar o partido de volta dos cuartos de final da 1ª fase da copa galicia, isto sera a partir das 12:30 no pavillón de Sansa, o Cvo parte con vantaxe na eliminatoria xa que gañou o encontro da ida por 3-1, agardemos que os nosos sexan capaces de manter a vantaxe no marcador.
En Ourense e tamén o domingo a partir das 12:30 no "Paco Paz" as cadetes do Cvo desputanse o pase as semifinais da fase de ascenso a Liga Galega, o equipo local parte como favorito xa que derrotou o pasado fin de semana o equipo do Salesianos Cambados por un claro 0-3.

Sorte a todos, e a gañar.

No hay comentarios: