26.4.09

MOITO VOLEI

O sábado no Paco Paz, desputabase a Copa Deputación nas categorias senior, cadete feminino e alevin mixto, na categoria senior feminina o gañador foi o CV San Martiño A. Xa na cadete feminina tamen acadou o primeiro posto o equipo do CV San Martiño.
As nosas rapazas acadaron a 3ª posición, e na categoria alevin dominaron como era de agardar os equipos dirixidos por Uxio Garcia do CPI Mende.
O final unha maña intensa de moito volei onde os rapaces desfrutaron coa competición.

Xa no domingo o equipo cadete feminino desputaba o encontro de volta da fase de ascenso a liga galega no que acadaron a victoria por un comodo 3-0, agora tocalles agardar por o seguinte rival a bater.

O equipo senior que se desplazaba a San Sadurniño non poido cos locais e caeu derrotado por 3-1, o cal empataba a eliminatoria e o máis rechamante e que despois de botar contas os dous equipos contabamos co mesmo número de puntos tanto a favor coma encontra, co cal terase que desputar un encontro de desempate.

No hay comentarios: