Mexillón de Ouro Vb Rianxo | 3 - 0 | Auria Vella Voleyourense | 25-22/25-21/25-22 |
SEGUNDA DIVISION FEMENINA:
O Zalaeta B reforza o seu liderato ao vencer sen dificultade ao Voleyourense,
un dos equipos que viña pisando forte dende abaixo. As coruñesas superaron por completo a derrota ante o Autos Rico UDC que antes do parón do Nadal arrebatoulles a condición de imbatibles, e volveron a amosar o seu potencial en ataque ante as ourensás. Deixaron boa impresión as mozas de Alberto Gómez na cancha herculina, cun xogo moi sólido que, pese a todo, pouco puido facer ante a pegada do Zalaeta. Xa no primeiro parcial as de Ourense empezaron a remolque no marcador, e non puideron achegarse
ás súas rivais ata o final de set no que lograron
maquillar en certa medida o resultado 25 a 21. Non o conseguiron no segundo. Nesta manga o
Zalaeta fixo desesperar ás visitantes, defendendo cada un dos seus ataques, que convertían unha e outra vez en punto cun efectivo contraataque
. Así o set finalizou cun cómodo 25 a 12 para a
s locais. Aínda que afectadas xa anímicamente, volveron a intentalo as rapazas do Voleyourense no
terceiro parcial, no que conseguiron puntuar polo centro e con bos bloqueos. Pero non foi
suficiente para parar ás locais, que sentenciaron sen problemas 25 a 16. As de Ourense pensan xa no seu próximo compromiso ligueiro, de igual importancia para as súas aspiracións nesta tempada. Recibirán ao segundo clasificado, o Autos Rico UDC no Paco Paz o sábado ás 11.30 horas.
PRENSA FGVB.
SEGUNDA DIVISION B FEMENINA:
Dompa Gestión B | 0 - 3 | CV Ourense B | 18-25/17-25/12-25 |
LIGA GALLEGA JUVENIL FEMENINA:
CV Pontevedra | 0 - 3 | CVO Ourense A | 9-25/12-25/5-25 |
LIGA GALLEGA CADETE MASCULINA:
IES Ames | 0 - 3 | CV Ourense | 16-25/11-25/20-25 |
LIGA GALLEGA CADETE FEMENINA:
IES Ames A | 0 - 3 | CV Ourense A | 21-25/13-25/14-25 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario