16.11.09

Sexta xornada de liga

O equipo que milita na 1ª liga nacional pouco pudo facer fronte o equipo de Oleiros. Tan só nun segundo set moi axustado, no que os rivais estaban algo máis relaxados que no set anterior, puido o C.V.O. acadar a victoria. A falta de concentración no saque, sumada o bo facer dos contrarios nesta mesma faceta imposibilitou case totalmente o xogo do equipo visitante, que set a set ía demostrando quen pretendía a victoria, e quen quería lograla.
Traballo, traballo e máis traballo é o que nos queda para esta semana, na que nos mediremos ós primeiros clasificados da liga.

O resto de resultados pódense ver na entrada anterior.

Adestrade duro, rapaces e rapazas!!!!!!!!!!

No hay comentarios: