1.12.08

Resultados Xornada 29 novembro 2008


Mala xornada deportiva en xeral para os equipos que representan ó clube. Nova derrota para o equipo de Primeira Nacional, que se viu superado polo Valery Karpin, que en ningún momento deu opcións de victoria ós nosos. Pese ó contundente resultado, destacar moi bos momentos de xogo pola nosa parte, ainda que iso sí, de maneira moi esporádica. Seguimos a loitar por gañar algún partido e sair do fondo da táboa. Derrotas tamén para os equipos masculino e feminino en categoría xuvenil. Unha mención especial para o noso equipo de infantil feminino que se impuxo a domicilio ó equipo de Teis. Noraboa rapazas. Con traballo todo é posible. Moitos ánimos tamén os demáis equipos, e que é seguro que co tempo chegarán os resultados. Un saúdo.

No hay comentarios: